Translate

mércores, 20 de xuño de 2018

 
ACROSPORT

Os alumn@s de 6º de primaria traballaron Acrosport e prepararon unhas coreografías onde combinaron o traballo en equipo con música, baile, figuras e pirámides. Este é o resultado dun excelente traballo, noraboa!





                          
 
 
 

xoves, 7 de xuño de 2018

XORNADAS DE TENIS DE MESA

Os alumnos/as de 1º a 6º de Educación Primaria tiveron unhas xornadas de achegamento ao tenis de mesa, grazas a Agrupación deportiva CP de Zas, que nos ofertou esta actividade. Para algúns que nunca xogaron, foi unha boa forma de tomar contacto con este deporte; para outros que o practican con certa frecuencia, foi unha xornada de práctica e diversión.
 
 
 


mércores, 7 de marzo de 2018

XORNADAS DEPORTIVAS ZAS - SAN VICENZO

 
O mércores 7 de marzo os alumn@s de 5º e 6º de primaria trasladáronse ao CPI de Zas para levar a cabo un encontro deportivo co alumnado dese colexio. Alí xogaron tod@s a fútbol, balonmán, baloncesto e brilé e disfrutaron dunha mañá diferente, totalmente deportiva e de convivencia con outros rapaces.

CAMPIONATO DE BÁDMINTON - SERRA DE OUTES


O martes día 6 de marzo unha representación de alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de primaria, trasladáronse a Serra de Outes para participar no campeonato de bádminton.


mércores, 21 de febreiro de 2018

DIA DA PAZ E CARREIRA SOLIDARIA
 
O día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz cantando todos xuntos a canción de "Color Esperanza" e facendo una carreira solidaria para recaudar fondos para a asociación Save the Children, que axuda a nenos nenas de países máis desfavorecidos co fin de que poidan ter unha vida mellor. Agradecemos a todos/as a vosa participación e colaboración.
 
 


sábado, 3 de febreiro de 2018

CAMPO A TRAVÉS - CEE

 
O día 15 de decembro de 2017 fomos ao Campo dos Refoxos en Cee, para participar na carreira de campo a través. Tivemos un día estupendo e os alumnos/as que participaron fixérono xenial. Noraboa a tod@s.








luns, 15 de xaneiro de 2018

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
 
O pasado 27 de outubro celebramos o magosto e o día do peón, realizando un campeonato de baile de peóns para os máis maiores e xogos populares para os pequenos. Despois do xogo e da diversión degustamos as castañas asadas aportadas por todo o alumnado. No seguinte vídeo podemos apreciar o ben que o pasamos todos.